Evento: Parroquia do Castiñeiriño 'Xenerais da Ulla 2020'
Parroquia do Castiñeiriño 'Xenerais da Ulla 2020'
Esta tarde, a parroquia compostelá do Castiñeiriño celebra o seu tradicional entroido co espectáculo dos chamados Xenerais da Ulla.- 19.30 h. Castiñeiriño (Santiago)
A comarca natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que temos testemuños dende mediados do século XIX.
Os personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun "exército" de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.
Dunha parroquia a outra, o Entroido da Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos definitorios que os fan únicos.
Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do entroido tradicional galego.
Información completa e horarios noutras parroquias da comarca: www.xeneraisdaulla.com