Evento: Festas Patronais de San Lourenzo

Festas Patronais de San Lourenzo
mércores, 6 agosto, 2025 a domingo, 10 agosto, 2025
Varios espazos,
Foz

Festas Patronais de San Lourenzo

Festa de Interese Turístico

En plena tempada estival, cando a vila mariñeira de Foz ferve de visitantes, teñen lugar as súas festas patronais, repletas de atraccións para todos os públicos. O día grande, dedicado a San Lourenzo, comeza cunha misa cantada polo Coro de Foz e a solemne procesión do santo, coas autoridades municipais á cabeza, acompañada de banda de música. Pola noite, o espectáculo piromusical e acuático concentra a atención do público.

Ao longo das festas, cuxa programación abrangue case todo o mes de agosto, verbenas, concertos de primeiras figuras do panorama musical, festivais de música clásica e corais, degustacións de polbo, a festa da queimada, mostra folclórica, concurso de castelos de area… e unha infinidade de propostas culturais animan as rúas e prazas da localidade.

Destacado:

Espectáculo piromusical e acuático no Paseo de Laredo.

 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festividade do Apóstolo Santiago
18 de xullo a 31 de xullo
Santiago de Compostela
Festa da Bica
26 de xullo a 27 de xullo
A Pobra de Trives
Festa do Carneiro ao Espeto
27 de xullo
Carballeira de Santa Lucía
Festa do Percebe de Aguiño
27 de xullo
Aguiño