Evento: Lorena Álvarez

Lorena Álvarez
venres, 28 febreiro, 2020 - 20:30
Café & Pop Torgal,
Ourense

Lorena Álvarez

Presentación segundo disco

O título do segundo longo de Lorena Álvarez,Colección de Canciones Sencillas, non podería ser máis transparente. Porque o que atopamos nel é xusto iso, cancións que contan historias tan sinxelas como próximas, "como os produtos do supermercado de km0", di Lorena.  

A asturiana agora residente en Granada fixo o disco desde a máxima honestidade posible. Non se pode ser máis humana e terreal que Lorena. "A nivel musical está construído cos instrumentos e os recursos aos que chego desde a miña mesa, coas cousas ás que me permite acceder a escasa lonxitude dos meus brazos". E a nivel temático? O mesmo. "As letras falan das cousas que teño ao redor, ás que chego, ás que podo acceder sen ter que conseguilas en China ou en Estados Unidos: a miña familia, os meus amores, os meus amigos, as miñas veciñas, as miñas penas, as miñas fatigas, as miñas preguntas e as miñas alegrías."

Colección de Canciones Sencillas é o disco que todos esperabamos da Lorena que máis esperabamos. E nel hai olmos, nubes, persoas e eclipses.

Máis eventos de tipo Concerto

Julia Villarroel
15 de maio
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 3
Luar na Lubre XX. Encrucillada
17 de maio
Pazo da Cultura