Evento: Monicreques de Kukas
Monicreques de Kukas
Esta é a trepidante viaxe dunha peculiar marioneta, Arlequina, un anaco de papel, que ten letras e non sabe ler, con alma de marioneta e corazón de poeta. Acompañada polo estrafalario Marchelino, vai na procura da súa identidade.
Marionetas, actores, maxia, cancións e música en directo recrean o divertido e rico universo creativo particular da máis veterana das compañías de teatro de títeres de Galicia.
Os Monicreques de Kukas conmemora o seu 40 aniversario. Polo seu labor de investigación,tanto das técnicas de construción e de manipulación como de novas formas de exhibición, a Xunta de Galicia acaba de recoñecela co Premio da Cultura Galega de Artes Escénicas 2019.
Intérpretes: Xurxo Cortázar, Isabel G. Coldeira, Borxa Ínsua,Kukas, Larraiz Urruzola, Ero Vázquez e Isabel Rey.
Músicos de Zoar Ensemble: Joan Ibáñez, Benxamín Iglesias, Álex Regueiro, Antonio Suárez e David Villa.
Autoría, deseño de marionetas e escenografía: Marcelino de Santiago “Kukas”.
Dirección: Isabel Rey e Marcelino de Santiago “Kukas”.