Evento: Soma: Javier Martín Danza

Soma: Javier Martín Danza
sábado, 5 decembro, 2020 - 19:00
Auditorio Municipal de Ourense,
Ourense

Soma: Javier Martín Danza

Javier Martín Compañía

Soma é unha experimentación escénica e matérica que se concentra no estudo do corpo e do movemento como sombra e fragmento. A medida e o peso son expresión da súa potencia e desaparición, a súa necesaria greta e abismo. Un saír do rito.
Instalación e performance que bailarín, escultor e iluminador comparten, transitando por diferentes estados físicos, conceptos estéticos e calidades de movemento, relacionándose e esvaecendo roles mediante esculturas, materiais, ambientes, obxectos e coreografías que se van despregando nun espazo conformado ante o espectador.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo
Praza Juan Salgueiro
Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade
Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo
Campo da Feira
A xira do cuarto de século
24 de xullo
Campo do Souto