Evento: Exposición "Creacións máxicas de medidas exactas, Maruja Mallo e Luis Seoane en Bos Aires (1936-1965)"

  • Exposición Creacións máxicas de medidas exactas, Maruja Mallo e Luis Seoane en Bos Aires
venres, 10 xaneiro, 2020 a venres, 13 marzo, 2020
Ramón María Aller
, Lalín

Exposición "Creacións máxicas de medidas exactas, Maruja Mallo e Luis Seoane en Bos Aires (1936-1965)"

Mostra sobre o período arxentino de dous dos principais artistas galegos

O Museo Ramón María Aller (Lalín (Pontevedra) acolle a mostra "Creacións máxicas de medidas exactas, Maruja Mallo e Luis Seoane en Bos Aires (1936-1965)". Unha exposición comisariada por Antón Castro e organizada polo Concello de Lalín co apoio da Xunta de Galicia, que ofrece a todo aquel que se achegue a este centro museístico unha escolma de 43 obras, 18 de Maruxa Mallo e 25 de Luis Seoane, ganduxada cun rigoroso discurso museográfico sobre o período arxentino de ambos creadores, dous dos principais artistas galegos de todos os tempos.

A mostra, que foi impulsada co gallo da celebración da que será a 52ª Feira do Cocido de Lalín, estará aberta até o vindeiro 13 de marzo.

 

Horario apertura Museo Ramón María Aller:

  • De luns a venres de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30h

 

Tarifa

  • Entrada gratuíta

 

Máis información >>