Evento: Feira do Entroido de Nadela

Feira do Entroido de Nadela
luns, 24 febreiro, 2020 - 12:00
Lugar de Nadela,
Lugo

Feira do Entroido de Nadela

Feira de produtos gastronómicos autóctonos e tradicionais

O vindeiro domingo 24 de Febreiro celebrarase, como anticipo do Entroido, a Feira do Entroido no lugar de Nadela, pertencente á parroquia lucense de San Xoán de Pena, na que veciños e visitantes poderán comprar variados produtos gastronómicos autóctonos e tradicionais de gran calidade.

Pola mañá, a partir das 9.00 horas, terá lugar a apertura da feira coa asignación dos postos de exposición e a venda de produtos tales como rabo, orella, cacheira, grelos, lacón, chourizos, filloas e outros produtos típicos destas datas.
Ás 12.00 horas a formación Vos Amigos do Acordeón animará a feira e realizarase a entrega dun agasallo aos vendedores asistentes. Ás 12.30 horas dará comezo a recepción de autoridades, acto que dará paso á actuación do Orfeón Xoán Montes. Ás 13.00 horas darase a benvida á Alcaldesa de Lugo, Dona Lara Mendez, e acto seguido Germán Rodríguez Castiñeira dará lectura do pregón da feira.
Ao termo, varias charangas e grupos folclóricos actuarán para os presentes, os cales ademais poderán gozar coa sesión vermú a cargo de Adolfo Valiño.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festas Patronais na honra de San Roque
14 de agosto a 24 de agosto
varios espazos
Festas Patronais de San Roque
14 de agosto a 25 de agosto
Betanzos
Feira do Xamón da Cañiza
15 de agosto
A Cañiza
Festas Patronais de San Roque
15 de agosto a 18 de agosto
varios espazos