Evento: CantaJuego. Te extiendo mi mano
CantaJuego. Te extiendo mi mano
Tal e como o enuncia o título do novo espectáculo, unha vez máis, o Grupo Encanto entregará ao publico unha montaxe especial baseada na solidariedade, a amizade, o traballo en equipo e a empatía. Cunha esmerada selección da súa longa lista de éxitos, esta filosofía refórzase aínda máis dada a expansión a países Latinoamericanos incluída na longa lista de cidades que visitarán nesta edición, tendendo así pontes culturais entre ambos os continentes.
Arroupado por unha escenografía deseñada especialmente para esta xira, ?Esténdoche a miña man? estará protagonizada polos xa icónicos CantaJuego e os seus fieis amigos, Coco, Pepe e Buby entre outros personaxes, para despregar un espectáculo cheo de música, coreografías, humor e enerxía que integra por igual a pequenos e maiores.
Espectáculo recomendado a partir de 12 meses.
Todos os asistentes deben adquirir entrada, incluídos nenos e adultos, independentemente da idade e de se ocupan butaca ou non.