Evento: El Maravilloso Mundo de Drilo

El Maravilloso Mundo de Drilo
sábado, 11 xaneiro, 2020 - 17:00
Cine Teatro Salesianos,
Vigo

El Maravilloso Mundo de Drilo

O espectáculo está dirixido aos máis pequenos dende os 6 meses e ata os 8 anos e nace co obxectivo de divertir e representar un referente optimista e honesto onde o público infantil poida verse reflectido

El Maravilloso Mundo de Drilo mostra o universo do crocodilo Drilo, un personaxe de ficción que debe a súa fama a Youtube e que ademais é moi popular en moitas cidades.

O espectáculo mestura tramas divertidas e 15 temas musicais orixinais compostos por Andrés Meseguer, o compositor e creador de Drilo e a súa cuadrilla. Actores, bonecos de gran formato e proxeccións audiovisuais enchen de maxia o escenario durante os 70 minutos que dura a función.

No espectáculo tócanse temas como a importancia de aforrar auga, a necesidade de reciclar ou o valor que ten coidar as selvas, bosques e os seres que a habitan. Tamén se abordan outros temas como o fomento das prácticas deportivas en familia ou a importancia dos estudos científicos con cancións sobre os planetas, o espazo e o Universo.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
22 de agosto
Praza da Mariña
Os Bolechas e o gran reto
26 de agosto
Praza da Igrexa
Os Bolechas e o gran reto
27 de agosto
Parque do Coto
Os Bolechas e o gran reto
30 de agosto
Praza da Constitución