Evento: El Maravilloso Mundo de Drilo
El Maravilloso Mundo de Drilo
El Maravilloso Mundo de Drilo mostra o universo do crocodilo Drilo, un personaxe de ficción que debe a súa fama a Youtube e que ademais é moi popular en moitas cidades.
O espectáculo mestura tramas divertidas e 15 temas musicais orixinais compostos por Andrés Meseguer, o compositor e creador de Drilo e a súa cuadrilla. Actores, bonecos de gran formato e proxeccións audiovisuais enchen de maxia o escenario durante os 70 minutos que dura a función.
No espectáculo tócanse temas como a importancia de aforrar auga, a necesidade de reciclar ou o valor que ten coidar as selvas, bosques e os seres que a habitan. Tamén se abordan outros temas como o fomento das prácticas deportivas en familia ou a importancia dos estudos científicos con cancións sobre os planetas, o espazo e o Universo.