Evento: O montacargas

O montacargas
sábado, 19 marzo, 2022 - 19:30
Teatro da Beneficiencia,
Ortigueira
Espectáculo teatral de Ainé Producións

O Montacargas (The Dumb Waiter)

"...Esta peza de Harold Pinter é unha imaxe rauda que está a metade de camiño entre o humor e o horror...". Harold Clurman.

O Montacargas é unha obra teatral escrita nun só acto por Harold Pinter no ano 1957 e que foi enmarcada polo teórico Martin Esslin dentro da corrente dramática "Teatro do Absurdo". A historia narra a situación de dous homes (Ben e Gus) que están pechados nun cuarto, unha estancia miserablemente amoblada. Os personaxes discuten sobre noticias de prensa e equipos de fútbol. Mentres avanzan no diálogo, Pinter dános a entender que se trata de dous asasinos a soldo á espera de misteriosas ordes que unha organización ha de transmitirlles. A tensión da espera desemboca nunha conversa intrascendente. A historia avanza cando, por medio dun montacargas situado no espazo, comezan a chegarlles mensaxes e pedidos que parecen ser un xeito de comunicación de persoas que habitan na parte superior da estancia na que se atopan eles. O único que saben da súa futura vítima é que aparecerá dun momento a outro.

Elenco: Federico Pérez e Santi Romay 

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O grande incendio
19 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
O grande incendio
20 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
As pitas baixo a choiva
21 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Os Ourizos, o musical
28 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra