Evento: Rodrigo Ramos

Rodrigo Ramos
martes, 21 marzo, 2023 - 21:00
La Fábrica de Chocolate,
Vigo

Rodrigo Ramos

Xira Sol de Invierno

Amencendo a través das montañas do pop, asomando tras os outeiros do folk rock americano e filtrándose a través das nubes do rock arxentino aparece "Sol de Invierno", segundo traballo de Rodrigo Ramos, no que o compositor galego congrega as súas influencias para alcanzar un son propio e sen etiquetas.

Tras máis dunha década formando parte de distintos grupos, Rodrigo Ramos inicia a súa carreira en solitario en 2015. Dous anos máis tarde, publica "Mirabas Almas", disco debut co que fai gala da súa versatilidade en directo cunha xira de máis cincuenta concertos por toda a península tanto en formato banda como en formato acústico.

En "Sol de Invierno", Rodrigo Ramos ofrece un álbum cálido e altamente dotado no apartado vocal, con amables arranxos de piano que sosteñen o conxunto dunha obra caracterizada por retrousos pegadizos reforzados a base de órganos Hammond e guitarras eléctricas. Toda unha procura vital en dez cortes con líricas reflexivas que evocan os claroscuros emocionais da nosa existencia.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril
Casa da Cultura Pintor Lloréns
Iseo & Dodosound
19 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Suma¹¹ VVV [Trippin' you]
19 de abril
Rúa de San Lourenzo, 51-53