Evento: Mercedes mais eu

Mercedes mais eu
sábado, 30 abril, 2022 - 20:30
Pazo da Cultura de Carballo,
Carballo

Mercedes mais eu

Mercedes mais eu é produto da colaboración entre a artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón.

Tras varios encontros de improvisación en contextos e espazos moi heteroxéneos, onde as dúas artistas exploran as relacións particulares que existen e que se establecen entre a súa danza e a súa música, xorde a necesidade e o desexo de profundar, entender, organizar ou escribir e dedicarlle un tempo de estudo á devandita relación. Entre instrumentos, recordos, cancións e bailes comezan a aflorar conceptos da bagaxe de ambas e en diferentes estados de latencia. Algúns de gran contido socio-político como a identidade, pertenza, sonoridade, creación colectiva ou xénero, subxacen na maior parte dos materiais, desde os obxectos musicais aos dancísticos ou biográficos. O traballo é ademais unha proposta sutil sobre o común sensible, e unha aposta polo facer/saber artístico.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos
Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo
Praza Juan Salgueiro
Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade