Evento: Actividades complementarias da exposición Galaicos: Un día no tempo dos Galaicos

Actividades complementarias da exposición Galaicos: Un día no tempo dos Galaicos
venres, 27 decembro, 2019 - 10:30
Museo de Pontevedra,
Pontevedra

Actividades complementarias da exposición Galaicos: Un día no tempo dos Galaicos

O Museo organiza varias actividades dirixidas a distintos públicos, tanto infantil como adulto.

Dúas actividades de recreación histórica e arqueoloxía experimental ao redor dalgunhas das actividades que formaban parte do día a día da vida das e os galaicos.

 

1- Representación dun poboado

Con esta iniciativa preténdese achegar ao público a vida cotiá das poboacións da Idade do Bronce e do Hierro a través da recreación de escenas con actividades en vivo.

Destinatarios: todos os públicos ata completar aforo.

Datas e horas: xoves 26 de decembro (17h a 19:30h) e venres 27 de decembro (10:30 a 12:30h).

Executa: Asociación Boquique

 

2 - Taller téxtil

Sesión demostrativa na que, ademais de mostrar o funcionamento de diferentes tipos de teares protohistóricos, mostraranse os diferentes tecidos realizados con eles, así como unha exhibición de diversos traxes da Idade de Bronce e da Idade de Hierro en Europa.

Esta actividade pretende transmitir un coñecemento que, en moitos casos, perdeuse, permitindo á sociedade actual recuperar antigas artesanías e poñer en relación a cultura material utilizada en cada un destes períodos.

Destinatarios: persoas adultas

Datas e horas: xoves 26 de decembro (19:30h a 20:30h) e venres 27 de decembro (de 12:30h a 13:30h)

Número de participantes: 20

Executa: Asociación Boquique

Inscrición: No teléfono 986 804 100 ext. 42412 e 42413 ou a través de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción. O horario de atención telefónica e de correos-e é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
RUS-TICs : mellorando a relación das persoas maiores coas novas tecnoloxías
2 de xuño a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
O máis natural
3 de xuño a 30 de xuño
Biblioteca Pública de Ourense