Evento: Enclave de cámara: Cuarteto Brentano
Enclave de cámara: Cuarteto Brentano
Dende 2014 é cuarteto residente na Yale School of Music, sucedendo ao Cuarteto de Corda de Toquio e foron galardoados con grandes premios de música. O seu eclecticismo e desexo de ir máis aló das fronteiras dos clásicos repertorios de cuarteto de corda conduciunos a interpretar tanto renacentistas como primitivas pezas de música, madrigais de Monteverdi e Gesualdo, fantasías de Purcell e traballos seculares de Josquin des PróS, sen esquecer o campo contemporáneo, colaborando regularmente con compositores coetáneos como Elliot Carter e György Kurtág, e interpreta traballos por encargo de Milton Babbitt, Chou Wen-Chung, Charles Wuorinen ou Bruce Adolphe. Dende o 2009 o cuarteto ten actuado en España, en lugares como o Salón de Columnas do Palacio Real de Madrid, tendo a honra de tocar cos instrumentos da Colección Palatina de Stradivarius e baixo a presenza de honra das SS.MM. os Reis.
Máis eventos de tipo Concerto