Evento: A mariscada dos idiotas

A mariscada dos idiotas
venres, 17 maio, 2019 - 22:30
Teatro Colón,
A Coruña

A mariscada dos idiotas

Encontro Mundial de Humorismo

Espectáculo de David Amor, Javier Veiga, J. J. Vaquero, Álex Clavero e David Perdomo no que saen ao escenario sen saber o que vai ocorrer.

David Perdomo, J. J. Vaquero e Álex Clavero terán que convencer a David Amor e Javier Veiga para poder sentarse a cear con eles, nesa decisión o público terá moito que dicir. Dende o inicio deste espectáculo as risas a esgalla están aseguradas.

EMHU é o primeiro Encontro Mundial de Humorismo que se celebra en España. A Coruña acollerá este evento que ten como obxectivo homenaxear a comedia elevada e o humor de calidade, para coñecer os referentes imprescindibles e para desfrutar dos espectáculos con máis éxito. Tendo sempre presente o humor que fixeron Cunqueiro, Wenceslao Fernández Flórez, Camba ou Castelao.

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
O Chow do Flow
25 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5