Evento: Magosto no Gaiás: Taghaitaí + Cantigas e Agarimos

Magosto no Gaiás: Taghaitaí + Cantigas e Agarimos
venres, 28 novembro, 2014 - 20:00
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Magosto no Gaiás: Taghaitaí + Cantigas e Agarimos

Homenaxe aos mestres gaiteiros Basilio Carril e Mallou

En novembro chega á Cidade da Cultura unha das nosas festas máis tradicionais: o Magosto no Gaiás. Será o venres 28 de novembro cunha festa cento por cento galega na que homenaxearemos a dous grandes mestres da gaita: Basilio Carril no centenario do seu seu nacemento; e Xan Bello Mallou, que nos deixou hai un ano. Taghaitaí, acompañados de Cantigas e Agarimos, porán a foliada e A Cantina do Gaiás, en colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, as bebidas e as castañas. 

+ info: https://www.cidadedacultura.org/gl/evento/magosto-no-gaias-taghaitai-can...

Compra de entradas, aquí

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo