Evento: Magosto no Gaiás: Taghaitaí + Cantigas e Agarimos
Magosto no Gaiás: Taghaitaí + Cantigas e Agarimos
Magosto no Gaiás: Taghaitaí + Cantigas e Agarimos
Homenaxe aos mestres gaiteiros Basilio Carril e Mallou
En novembro chega á Cidade da Cultura unha das nosas festas máis tradicionais: o Magosto no Gaiás. Será o venres 28 de novembro cunha festa cento por cento galega na que homenaxearemos a dous grandes mestres da gaita: Basilio Carril no centenario do seu seu nacemento; e Xan Bello Mallou, que nos deixou hai un ano. Taghaitaí, acompañados de Cantigas e Agarimos, porán a foliada e A Cantina do Gaiás, en colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, as bebidas e as castañas.
+ info: https://www.cidadedacultura.org/gl/evento/magosto-no-gaias-taghaitai-can...
Compra de entradas, aquí