Evento: Los Futbolísimos- El Musical
Los Futbolísimos- El Musical
Finalmente, o maior éxito da literatura infantil e xuvenil en España nos últimos anos dá o salto aos escenarios. Dez actores no escenario, unha pegadiza e inesquecible banda sonora, proxección ao láser con ilustracións orixinais especialmente creadas para o espectáculo, números musicais que farán gozar a toda a familia, dende os máis pequenos ata os máis vellos. E por suposto, unha nova historia, chea de valores positivos onde o deporte, a música e a emoción van da man.
Os Futbolísimos son nove nenos e nenas que xogan ao fútbol e resolven misterios. A nosa historia comeza dez anos despois da última vez que se coñeceron. Reciben unha misteriosa carta e teñen que vestirse de novo curtas, resolver unha intriga imposible ... e volver a ser nenos!