Evento: Semana de Cine Euroárabe AMAL 2019

Semana de Cine Euroárabe AMAL 2019
luns, 21 outubro, 2019 a venres, 25 outubro, 2019
Teatro Principal,
Santiago de Compostela

Semana de Cine Euroárabe AMAL 2019

Sesión de cine e documentais

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas presentou hoxe a programación da décimo séptima Semana de Cinema  Euroárabe AMAL 2019 no hotel Eurostars Araguaney de Santiago. No acto participaron o presidente da Fundación Araguaney- Puente de Culturas e director do Festival Internacional de Cinema  Euroárabe AMAL,  Ghaleb Jaber Martínez; e o director Xeral de Políticas  Culturais,  Anxo M. Lorenzo. A semana de cinema celebrarase entre os días 21 e 25 de outubro no Teatro Principal ( rúa  Nova, 21) de Santiago.

Ghaleb Jaber Martínez agradeceu o apoio da Xunta de Galicia, que una ano máis é fiel á iniciativa, e ao Concello de Santiago pola súa cesión do Teatro Principal para dar cabida ao festival. Destacou que esta edición enmárcase baixo o lema “17 anos  facendo Compostela contigo”, un título co que se pretende evidenciar a estreita vinculación de Amal coa cidade de Santiago, tamén con toda Galicia e mesmo co exterior traspasando fronteiras, xa que como anunciou o director do festival hoxe presentábase tamén en Santander o ciclo Amal en Ruta.

“Fai dezasete anos que empezamos esta aventura, e continuamos hoxe en día facendo un festival de cinema euroárabe en Compostela, porque esta é a nosa cidade, o lugar onde nacemos” –indicou–.

Anxo Lorenzo indicou a “vitalidade e saúde” do panorama audiovisual galego, no que segundo explicou está perfectamente albergado o festival AMAL, un tipo de audiovisual que “non  é habitual nos  circuítos  comerciais e  tampouco #especializar”. Tamén apuntou que Amal tratará como é habitual problemáticas propias destas áreas xeográficas, como son os conflitos armados, a infancia, a muller ou o fenómeno migratorio.  

A sesión inaugural será gratuíta e o resto de películas terán un prezo de tres euros

Durante a semana, proxectaranse noves películas – 5 documentais e 4 longametraxes de ficción–, que segundo Jaber Martínez achegarán ao público de Compostela e do resto de Galicia unha proposta chea de diversidade cinematográfica, que este ano presenta cintas de “gran calidade que sorprenderán aos espectadores”, moitas delas estreas en España.

“Como compostelán síntome orgulloso do noso público, xa que sodes vós os que facedes desta cidade un lugar marabilloso onde todo pode ser posible, incluso un festival de Cinema  Euroárabe como Amal” –engadiu–.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia
28 de xaneiro a 25 de maio
Avenida do Burgo das Nacións