Evento: Cociñando con bolboretas no bandullo

  • Rosquillas
Cociñando con bolboretas no bandullo
xoves, 26 decembro, 2019 - 17:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

Cociñando con bolboretas no bandullo

Obradoiro gastro-literario impartido por: Bolboretas no bandullo

Poucas cousas hai máis prancenteiras que papar e desgustar as máis sabrosas lambonadas, mais neste obradoiro imos ir máis alá.

Gozaremos, como non, da creatividade gastronómica, traballando colaborativamente con textos literarios na procura de receitas ocultas na maxia das palabras.

Hai historias que arrecenden ao chocolate e contos cargados dos máis apetitosos recordos. Navegaremos por eles até atopar as mellores pistas para o éxito culinario e así pois, poñernos mans á masa. Que non vai ser todo papar!

Cociña, letras, memoria, amizade...Xa temos varios ingredientes para un obradoiro do máis apetitoso no que sí se xoga coa comida!

Data: 26 de decembro

Horario: 17:00 h

Duración: 90 minutos

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia

Público: de 7 a 11 anos

Prazas: 40

Observacións: de balde, precisa inscrición no web

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiros de verán na biblioteca
2 de xuño a 19 de xuño
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiro de encadernación cruzada
11 de xuño a 13 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Mulleres, ritmo e tradición
22 de xuño
Xardín Umbrío