Evento: Obradoiro de Banda Deseñada e Debuxo

Obradoiro de Banda Deseñada e Debuxo
venres, 18 outubro, 2019 - 18:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Obradoiro de Banda Deseñada e Debuxo

Gústache a Banda Deseñada e debuxar? Sentes curiosidade polos cómics?

O liustrador Yago García achegará aos asistentes todo o proceso de elaboración dun cómic.

A actividade está dirixida á rapazada a partir dos 10 anos, precisa de inscrición previa (que se pode facer a partir do luns anterior ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono 988 788387 e 988 788386) e ten un número limitado de participantes polo que se hai máis solicitudes que prazas crearase unha listaxe de espera.

Durante o mes de novembro, por mor do traslado da Biblioteca ao novo edificio realizarase no Espazo Xove (Casa da Xuventude)

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Máis alá dos lenzos
24 de maio
Museo de Belas Artes
Mulleres, ritmo e tradición
30 de maio
Biblioteca Municipal
Obradoiro de Zentangle
30 de maio
Biblioteca Pública de Lugo