Evento: Xacobe Martínez Trío+ Ton & Teira

  • Xacobe Martínez Trío+ Ton & Teira
Xacobe Martínez Trío+ Ton & Teira
venres, 18 outubro, 2019 - 11:30
Club Clavicémbalo,
Lugo

Xacobe Martínez Trío+ Ton & Teira

Deixar constancia de realidades que están na contorna. Ese é o obxectivo de Xacobe Martínez Antelo Trío no seu novo disco. Oito composicións que gravarán en marzo pero que esta noite poderanse escoitar por primeira vez en Lugo no concerto que a formación ofrecerá no Clavicembalo. Será un repertorio conformado integramente por material novo. Capturas, ese é o nome elixido para o novo disco, será o segundo que saque á luz o trío. O primeiro data do 2009. Entón, o grupo formábano, ademais de Martínez Antelo (contrabaixo), Max Gómez (batería) e Pablo Castanho (saxo alto). Con todo, no últimos catro anos Xosé Miguélez incorporouse como saxo tenor ao trío en substitución de Castanho. « Levamos un tempo con este trío renovado e estabamos tocando material e composicións miñas doutros discos do trío, do cuarteto e do quinteto. A partir de aí, empezouse a xerar unha nova enerxía e unha nova forma de tocar. Entón, decidimos que era ou momento de compoñer material novo para este trío e gravalo», explica o contrabaxista.

Máis eventos de tipo Concerto

Maxicamente
2 de xullo
Praza do Cantón
Maxicamente
3 de xullo
Praza do Concello
Catas sonoras
3 de xullo
Museo do Viño de Galicia