Evento: Reparas?
Reparas?
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten como un dos seus obxectivos fomentar a correcta xestión dos residuos domésticos e, especificamente, a prevención do desperdicio alimentario.
Con este fin realiza esta campaña educativa durante os meses de xuño de xullo, abordando aspectos relativos á xestión dos residuos domésticos, prevención, reutilización, recollida selectiva, reciclaxe, compostaxe e desperdicio alimentario.
A xornada na biblioteca inclúe unha exposición sobre xestión de residuos, prevención e preparación para a reutilización, desperdicio alimentario, compostaxe, recollida selectiva e economía circular, acompañada por unha pantalla con proxección de información audiovisual, que será atendida por un/unha educador/a ambiental.
Ademais, das 11.00 ás 12.30h aproximadamente realízase unha pequena charla e, a continuación, varias dinámicas: xogo da oca, contacontos e xogo de separación de residuos.
Todas as actividades están coordinadas por educadores/educadoras ambientais.
Actividade dirixida para nenas e nenos de 6 a 11 anos, máximo 20 participantes que poden estar acompañadas/os por unha persoa adulta.
No salón de actos. Entrada por rigorosa orde de chegada.