Evento: Reparas?

Reparas?
xoves, 4 xullo, 2019 - 10:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Reparas?

Campaña educativa sobre prevención e xestión de residuos domésticos e desperdicio alimentario

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten como un dos seus obxectivos fomentar a correcta xestión dos residuos domésticos e, especificamente, a prevención do desperdicio alimentario.

Con este fin realiza esta campaña educativa durante os meses de xuño de xullo, abordando aspectos relativos á xestión dos residuos domésticos, prevención, reutilización, recollida selectiva, reciclaxe, compostaxe e desperdicio alimentario. 

A xornada na biblioteca inclúe unha exposición sobre xestión de residuos, prevención e preparación para a reutilización, desperdicio alimentario, compostaxe, recollida selectiva e economía circular, acompañada por unha pantalla con proxección de información audiovisual, que será atendida por un/unha educador/a ambiental.

Ademais, das 11.00 ás 12.30h aproximadamente realízase unha pequena charla e, a continuación, varias dinámicas: xogo da oca, contacontos e xogo de separación de residuos. 

Todas as actividades están coordinadas por educadores/educadoras ambientais. 

Actividade dirixida para nenas e nenos de 6 a 11 anos, máximo 20 participantes que poden estar acompañadas/os por unha persoa adulta.

No salón de actos. Entrada por rigorosa orde de chegada.

 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Presentación libro
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense