Evento: Curtametraxes/ The Cameraman

  • The Cameraman
Curtametraxes/ The Cameraman
xoves, 30 outubro, 2014 - 18:00
Centro Galego de Artes da Imaxe,
A Coruña

Curtametraxes/ The Cameraman

Ciclo Buster Keaton. Proxección das novas restauracións dos filmes.

Sesión curtametraxes 

Estados Unidos, 1920-1923

Dirección e guión: Buster Keaton e Eddie Cline. Produción: Comique Film Coorp. (as tres primeiras curtas) e Buster Keaton Productions (a cuarta). Fotografía: Elgin Lessley.

Intérpretes: Buster Keaton.

Duración: 86 minutos. 

Recompilación de catro curtas dirixidas (con Eddie Cline), escritas e interpretadas por Buster Keaton: The High Sign / El guardaespaldas (1920), The Boat / La barca (1921), Cops / La mudanza (1922) e The Balloonatic / El aeronauta (1923). A primeira, historia do gardacostas dun millonario, representa o comezo da súa traxectoria como director/intérprete e está inzada de gags brillantes. A segunda peza, unha travesía en barca, atinxe momentos de máxica xenialidade e sentido do cómico. A terceira, un dos traballos máis gabados de Keaton, e a cuarta, presidida polo enxeño e as situacións límite, completan esta exultante sesión.      

THE CAMERAMAN / EL CAMERAMAN 

Estados Unidos, 1928

Dirección: Edward M. Sedgwick. Guión: Richard Schayer. Produción: Metro-Goldwyn-Mayer. Fotografía: Elgin Lessley e Reggie Lanning.

Intérpretes: Buster Keaton, Marceline Day.

Duración: 69 minutos. 

Un humilde fotógrafo nómade ten ocasión de coñecer a  telefonista dunha firma especializada en filmar noticiarios e traballos documentais de actualidade. Interesado polo cine, merca unha vella cámara. Ademais das burlas, ten que aturar un rival amoroso. O maior éxito comercial de Keaton e o seu último gran filme mudo é esta intelixente homenaxe ao propio cine, unha película onde asoma de novo a súa pureza e capacidade poética, a saltar por riba os canons de Hollywood de demanda de espectacularidade e humor hilarante.   

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Pura
Nai + Véxote + Pura
23 de xullo
Casa da Cultura Olga Novo
Pura
Nai + Véxote + Pura
26 de xullo
Auditorio Cuartel Vello
Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra