Evento: Alejandro Dolina. La Venganza Será Terrible
Alejandro Dolina. La Venganza Será Terrible
Alejandro Dolina participará no primeiro Encontro Mundial de Humorismo de España realizando o seu programa da radio arxentina, La Venganza Será Terrible. Non é un espazo de radio convencional, máis ben é un espectáculo humorístico, musical e misceláneo. Pódese definir como unha pequena experiencia teatral cotiá. Ademais, é o máis escoitado na radio de Arxentina.
EMHU é o primeiro Encontro Mundial de Humorismo que se celebra en España. A Coruña acollerá este evento que ten como obxectivo homenaxear a comedia elevada e o humor de calidade, para coñecer os referentes imprescindibles e para gozar dos espectáculos con máis éxito. Tendo sempre presente o humor que fixeron Cunqueiro, Wenceslao Fernández Flórez, Camba ou Castelao. na cidada da Coruña