Evento: Vacanza Permanete / Cuerpo a cuerpo

Vacanza Permanete / Cuerpo a cuerpo
martes, 21 outubro, 2014 - 20:30
Centro Galego de Artes da Imaxe,
A Coruña

Vacanza Permanete / Cuerpo a cuerpo

Doble sesión co filme de Adolfo Arrieta

Vacanza Permanente

España, 2006. 

Dirección, guión, produción e fotografía: Adolfo Arrieta. 

Intérpretes: Sylvia Riolobos, Geoff Hoss.

Duración: 40 minutos. 

Facéndose acompañar dunha cámara dixital e dono dun cine fresco, iconoclasta, lúdico, de vocación vangardista e indiscutible ton poético, o cineasta español Adolfo Arrieta (Madrid, 1942), ao que o CGAI dedicara un ciclo completo no ano 2008, é autor de obras de culto en Francia como Les intrigues de Sylvia Couski (1974) e Tam-Tam (1975). Esta mediometraxe é o seu regreso ao cine. Capta o Madrid contemporáneo e as novas formas de comunicación/ relación e recibe un premio no Festival Internacional de Lucca. 

CUERPO A CUERPO 

España, 1982

Dirección e guión: Paulino Viota. Produción: Piquio Films S.A. Fotografía: Ribes, Madurga, e Carles Gusi.

Intérpretes: Ana Gracia, Pilar Marco, Guadalupe G. Güemes, Julieta Serrano, Manuel de Blas.

Duración: 92 minutos.

No verán, mentres está en Santander, Ana pelexa co seu mozo e divírtese coa súa amiga Pilar, mais non atura a Eugenio, algo parente desta. No inverno, xa en Madrid, Pilar discute co seu antigo amor Jorge e Ana sae con Eugenio (sen deixar de lle facer as beiras a Jorge). Non podemos esquecer que polo medio está Mercedes, que perdeu o seu home. Unha memorable comedia, orixinal posta do revés do xénero, escrita por Viota e os seus intérpretes, estruturada por medio de variacións musicais dun quinteto de Brahms e elaborada a través dunha intelixente utilización da montaxe.

 

 

Descargas

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra