Evento: Tecín soia a miña tea
Tecín soia a miña tea
venres, 22 febreiro, 2019 - 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Tecín soia a miña tea
Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
Lisístrata fai unha homenaxe a Rosalía de Castro mediante a dramatización dos seus poemas.
Este espectáculo amosa unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro ("eu quería ser actriz e non me deixaron").
Unha Rosalía ás veces divertida, outras, reivindicativa, dura.
Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, teatro e algunha canción para honrar a nai da nosa terra.
No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.