Evento: Alma (Non é hippie)
Alma (Non é hippie)
Alma (Non é hippie)
Espectáculo de danza de Colectivo Verticalia
Elenco: Marta Alonso, Raquel Oitavén, Paula Quintas e Marçé Solé
ALMA (non é hippie), é o primeiro espectáculo de danza vertical de Galicia, unha produción do Colectivo Verticalia, ou o que é o mesmo, das compañias Duelirium e Traspediante, co apoio de Pistacatro.
ALMA (non é hippie) investiga nas diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, os diferentes puntos de vista e, polo tanto, sobre o aparente e as apariencias desde a linguaxe da danza contemporánea, a verticalidade e o movemento.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra