Evento: Cascanueces do Ballet Imperial Ruso
Cascanueces do Ballet Imperial Ruso
Cascanueces do Ballet Imperial Ruso
A maxia do Cascanueces chega ao teatro no nadal
Na Noiteboa dunha antiga cidade en Alemaña a principios do Século XIX a xente prepárase para a festa. Á casa dos Stalbaum chegan os primeiros invitados, entre os que se atopa Drosselmeyer, un vello chiflado, inventor de xoguetes e amigo de todos os nenos.
Drosselmeyer, disfrazado de mago fai un pequeno espectáculo e ensina aos nenos as moitas sorpresas que ten preparadas. Pero a Masha encantoulle un xoguete en especial: o crebanoces. O reloxo marca as 10, o baile acábase, apáganse as luces e comeza a maxia.