Evento: Rapunzel, o musical

  • -rapunzel-el-musical.jpg
Rapunzel, o musical
mércores, 2 xaneiro, 2019 - 17:30
Auditorio Municipal de Ourense,
Ourense

Rapunzel, o musical

A compañía La Bicicleta leva a escena a historia de Rapunzel dos irmáns Grimm

A bonita historia dos irmáns Grimm levada a escena pola Compañía La Bicicleta convertida nun divertido espectáculo musical para os máis pequenos. Música, cancións e bailes enmarcan a historia que todos coñecemos, a historia da fermosa nena dos cabelos de ouro, pechada nunha torre que non ten escaleiras.

Durante quince anos a única conexión da moza co mundo é a visita da bruxa que a secuestrou. Todos os días ao escoitar a frase: Rapunzel, Rapunzel, lánzame a túa cabeleira para subir por ela sen escaleira a longa e dourada cabeleira cae desde o alto. A bruxa sobe e asegúrase de que Rapunzel continúe sendo a súa prisioneira.

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
O Chow do Flow
25 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5