Evento: Rapunzel, o musical
Rapunzel, o musical
Rapunzel, o musical
A compañía La Bicicleta leva a escena a historia de Rapunzel dos irmáns Grimm
A bonita historia dos irmáns Grimm levada a escena pola Compañía La Bicicleta convertida nun divertido espectáculo musical para os máis pequenos. Música, cancións e bailes enmarcan a historia que todos coñecemos, a historia da fermosa nena dos cabelos de ouro, pechada nunha torre que non ten escaleiras.
Durante quince anos a única conexión da moza co mundo é a visita da bruxa que a secuestrou. Todos os días ao escoitar a frase: Rapunzel, Rapunzel, lánzame a túa cabeleira para subir por ela sen escaleira a longa e dourada cabeleira cae desde o alto. A bruxa sobe e asegúrase de que Rapunzel continúe sendo a súa prisioneira.