Evento: Festival Treme a terra 18

sábado, 8 decembro, 2018 - 19:30
Aparcadoiro do IES Fragas do Eume
, Pontedeume

Festival Treme a terra 18

19ª edición do festival

Festival organizado polo Colectivo Terra, que nesta edición estará centrado na loita obreira dos estaleiros da ría de Ferrol. Contará coas actuacións de Bule, un grupo eumés que mistura o pop e o rock con melodías divertidas e apegadizas; Tanxugueiras, unha auténtica homenaxe á música tradicional galega; Bastards on Parade, que presentan novo disco e que fusionan as raíces celtas co punk rock; e The Baboon Show, unhas criaturas salvaxes chegadas dende Suecia cun punk rock escandaloso baixo o brazo. Os máis pequenos, ese mesmo sábado 8 de decembro, poderán gozar coa actuación de Pakolas, co seu espectáculo As Parábolas de Pakolas, desde as 19:00h na Casa da Cultura. O 16 de decembro, tamén dentro da programación do festival, contarase co espectáculo de Paco Nogueiras e a súa Radio Bule Bule. Será ás 12:00h na Casa da Cultura.

Máis eventos de tipo Festival

O Son do Camiño
O Son do Camiño
13 de xuño a 15 de xuño
Monte do Gozo
PortAmérica 2019
4 de xullo a 6 de xullo
Caldas de Reis
Festival de la Luz
6 de setembro a 8 de setembro
Boimorto