Evento: O Crebanoces

O Crebanoces
xoves, 27 decembro, 2018 - 17:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

O Crebanoces

Espectáculo de monicreques a cargo de Larraiz

Na noite de Nadal o padriño regálalle á pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces, o boneco acaba rompendo, e Clara colle un enorme desgusto. Para consolala o seu padriño cóntalle a historia do boneco, xa que o Crebanoces é, en realidade, un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.

O Crebanoces é un espectáculo para monicreques inspirado no conto de Hoffmann, e no que se emprega a música que creou Tchaikovsky, soando por enteiro a suite do Crebanoces. O espectáculo está dirixido a público familiar co que os rapaces e rapazas gozarán na compañía dos seus pais e nais, avós e avoas ou amizades.

Lugar: Auditorio da Biblioteca de Galicia

Público: Familiar

Nº de prazas: 120

 

Observacións: de balde, precisa inscrición no web

Máis eventos de tipo Espectáculo

250813_cartel_feas
As Josefas
13 de agosto
Centro Social de Feás.
Os Bolechas e o gran reto
20 de agosto
Praza do Convento
Os Bolechas e o gran reto
21 de agosto
Alameda de Raxoi
Os Bolechas e o gran reto
22 de agosto
Praza da Mariña