Evento: Camino de Santiago. Guion para una película

Camino de Santiago. Guion para una película
venres, 23 novembro, 2018 - 20:15
Café Cercano,
Ourense

Camino de Santiago. Guion para una película

Presentación do libro de Otero Pedrayo

Este venres ás 20:15 h, terá lugar no Café Cercano de Ourense (rúa Cardeal Quevedo nº 20) a presentación do libro Camino de Santiago. Guion para una película, de Ramón Otero Pedrayo.

O guión foi un encargo de José Rodríguez de Vicente para a produtora Suevia Films, de Cesáreo González. O autor traballou no guión no outono de 1952, e estaba previsto iniciar a rodaxe en abril de 1953 baixo a revisión de Juan de Orduña, co obxecto de ter listo o filme para o Ano Santo de 1954. O filme non chegou a rodarse, posiblemente polas dificultades técnicas para levalo a cabo. 

Intervirán:
·Afonso Vázquez-Monxardín (secretario da Fundación Otero Pedrayo)
·Patricia Arias Chachero (membro do Consello de Administración de Galaxia)
·Laura Tato editora do texto.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal