Evento: Tambo: Ruta histórica

Tambo: Ruta histórica
sábado, 1 decembro, 2018 - 09:45
Volta Montana,
Poio

Tambo: Ruta histórica

Ruta pola illa de Tambo

Volta Montana volve á illa de Tambo o próximo 1 de devembro, de 9:50h a 13:30h, acompañados do historiador Fran Alonso, gran coñecedor da historia da illa e especialista en historia militar. 

Pequena ruta en barco pola ría de Pontevedra, con saída de Combarro. Ruta a pé por Tambo, de 2:30h de duración, interpretada polo historiador Fran Alonso, pero seguindo o percorrido indicado polo persoal da Escola Naval Militar.

As prazas son limitadas a un número de 50 persoas. Os interesados en participar, deberán seguir as instrucións indicadas no seguinte enlace: https://voltamontana.com/event/ruta-rumbo-tambo-2/

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visita guiada ao museo e visita á salgadura de Mourisca
Visita guiada ao Museo e á Salgadura de Mourisca
6 de xullo a 27 de xullo
Museo Massó