Evento: O Crebanoces

  • El cascanueces
O Crebanoces
venres, 28 decembro, 2018 - 20:30
Palacio da Ópera,
A Coruña

O Crebanoces

Polo Moscow State Ballet

A vistosidade da súa escenografía e vestiario, a maxia da súa historia, os seus imaxinativos personaxes e a música universal de Tchaikovsky converteron O Crebanoces nun clásico do Nadal, ideal tanto para públicos máis pequenos como para adultos.

Baixo a forma de conto infantil —os bonecos que cobran vida a noite de Nadal, e que arrastran á nena protagonista a vivir máxicas aventuras—, o ballet é unha fábula de espírito do Nadal que fala da añoranza pola infancia perdida e o choque entre a realidade dos adultos e o mundo dos soños de nenos e nenas.

O ballet, un dos máis coñecidos de Tchaikovsky, con coreografía orixinal de Lev Ivanov e libreto de Marius Petipa, deriva dun texto de Alexandre Dumas pai que se inspirou á súa vez no soado conto de E.T.A. Hoffmann O crebanoces e o rei dos ratos.

Con máis de 30 bailaríns en escena, esta produción do Moscow State Ballet captura toda a beleza e o drama do auténtico ballet romántico.

Máis eventos de tipo Espectáculo

250813_cartel_feas
As Josefas
13 de agosto
Centro Social de Feás.
Os Bolechas e o gran reto
20 de agosto
Praza do Convento
Os Bolechas e o gran reto
21 de agosto
Alameda de Raxoi
Os Bolechas e o gran reto
22 de agosto
Praza da Mariña