Evento: O Crebanoces
O Crebanoces
A vistosidade da súa escenografía e vestiario, a maxia da súa historia, os seus imaxinativos personaxes e a música universal de Tchaikovsky converteron O Crebanoces nun clásico do Nadal, ideal tanto para públicos máis pequenos como para adultos.
Baixo a forma de conto infantil —os bonecos que cobran vida a noite de Nadal, e que arrastran á nena protagonista a vivir máxicas aventuras—, o ballet é unha fábula de espírito do Nadal que fala da añoranza pola infancia perdida e o choque entre a realidade dos adultos e o mundo dos soños de nenos e nenas.
O ballet, un dos máis coñecidos de Tchaikovsky, con coreografía orixinal de Lev Ivanov e libreto de Marius Petipa, deriva dun texto de Alexandre Dumas pai que se inspirou á súa vez no soado conto de E.T.A. Hoffmann O crebanoces e o rei dos ratos.
Con máis de 30 bailaríns en escena, esta produción do Moscow State Ballet captura toda a beleza e o drama do auténtico ballet romántico.