Evento: Outono de contos
Outono de contos
Segunda parte da iniciativa posta en marcha polo Concello da Laracha para achegar unha programación propia aos nenos e nenas da zona. Outono de contos constará de cinco contacontos e dous obradoiros infantís.
Os contacontos van dirixidos a nenos e nenas de 3 a 8 anos de idade e estarán escenificados pola compañía Trinke Trinke. Son ás 18 horas, a entrada é de balde e non se precisa inscrición. Os obradoiros son para nenos e nenas de idades entre os 6 e os 12 anos e realizaranse no Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar. As prazas para os talleres están limitadas, polo que os e as interesados deben inscribirse previamente no Concello.
Programación
Venres 2 de novembro, de 10:30 a 13:30 horas: obradoiro de Samaín
Venres 2 de novembro, contacontos na biblioteca da Laracha: De onde veñen os bebés?
Xoves 8 de novembro, contacontos na biblioteca de Caión: A escola de Lonxedetodo
Sábado 10 de novembro, de 15:30 a 18:30 horas: obradoiro Reciclando e xogando
Venres 16 de novembro, contacontos na biblioteca da Laracha: Cores e persoas
Venres 23 de novembro, contacontos na biblioteca de Paiosaco: O pequeno circo das mans
Venres 30 de novembro, contacontos na biblioteca da Laracha: Rato canguro