Evento: Asaltos!

Asaltos!
sábado, 10 novembro, 2018 - 12:00
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Asaltos!

Ring cultural

A Cidade da Cultura acolle Asaltos!, ring dialéctico no que diferentes actores culturais e creativos se enfrontarán en combates creativos. 

Asaltos! é un ciclo ao redor do feito cultural que, a través dun formato rompedor e innovador, pretende sacar fóra da súa zona de confort a creadores e artistas. Tamén ao público, protagonista activo nos catro rings dialécticos nos que se creará, amosará e defenderá a riqueza, variedade e singularidade dos novos procesos creativos dentro e fóra de Galicia. 

Programa

Venres 9 de novembro: divulgación | 17.30h - 19.30h
 Modera: Francisco Castro, escritor, editor e director de Galaxia.
 Púxiles
 -- Ramón Nicolás, crítico literario e creador do blog Caderno da Crítica
 -- Óscar López , xornalista cultural especializado en literatura, do programa de   TVE Página 2.
 -- Alejandra de Diego e/ou Cristina Barbeito, da libraría Berbiriana da Coruña. 

Sábado 10 de novembro: tradución | 12h - 14h
 Modera: María Alonso Seisdedos é Premio Nacional de Tradución. Tradutora de series míticas como 'Shin Chan' e co-tradutora ao galego do Ulises de Joyce.
 Púxiles:
 -- Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil Xuvenil.
 -- Sara Margherita Cavarero, tradutora que levou ao italiano Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas

Venres 16 de novembro: oralidade |17.30h - 19.30h
 Modera: Xurxo Souto, cantante de Os Diplomáticos de Monte Alto, músico, filólogo e dinamizador cultural.
 Púxiles:
 --Ses, cantautora galega que cun estilo ecléctico enche auditorios, salas de   concertos e teatros de toda Galicia.
 -- Alba María Rodríguez Díaz, cantante, investigadora e regueifeira.

Sábado 17 de novembro: poesía | 12h - 14h
 Modera: Silvia Penas, música, performancer e creadora.
 Púxiles:
 -- Chus Nogueira, filóloga e ensaísta galega. É a presidenta da Asociación Galega da Crítica.
 -- Antón Blanco, poeta e músico. Premio de poesía na XLII edición dos Premios Minerva e batería en Atrás Tigre.
 -- Elías Portela, o poeta pontevedrés é Premio Poesía Afundación. Considerado un dos escritores máis importantes da literatura islandesa actual.

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
23 de xuño a 31 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
XV Premio Atlante de Gravado
9 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Palestina
22 de marzo a 31 de maio
Biblioteca Pública de Ourense
As nosas letras Galegas
2 de maio a 25 de maio
Biblioteca Pública de Ourense