Evento: Ciclo cinema de Outono
Ciclo cinema de Outono
Ciclo cinema de Outono organizado por Amigos da Ópera de Vigo.
Programación:
9 outubro, 20:00h: Pandora e o Holándes errante Albert Lewin, Reino Unido, 1951. 122 min.
Pandora Reynolds (Ava Gardner) é unha muller dunha beleza arrebatadora que destrúe a vida de todos os homes que namoran dela. Parece incapaz de amar ou de corresponder aos seus sentimentos. Todo cambia cando aparece na súa vida Hendrick van der Zee (James Mason), un misterioso mariñeiro, cuxo espírito está condenado a vagar sen rumbo ao redor do mundo ata que atope unha muller que morra de amor por el.
23 outubro, 20:00 h: Macbeth Orson Welles, Estados Unidos, 1948. 107 min.
Adaptación cinematográfica da obra homónima de William Shakespeare. Foi dirixida e protagonizada en 1948 por Orson Welles, con Jeanette Nolan no papel de lady Macbeth.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual