Evento: Magosto no Gaiás 2018

Magosto no Gaiás 2018
sábado, 27 outubro, 2018 - 20:00
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Magosto no Gaiás 2018

Castañas, obradoiro de tarrañolas e concerto de Xosé Lois Romero & Aliboria

A Cidade da Cultura de Galicia festexará o magosto cunha nova edición de Magosto no Gaiás. Para celebrar esta cita gastronómica tradicional da cultura galega, non só se contará coas imprescindibles castañas —asadas ou como ingrediente principal en petiscos— senón que tamén se sumará a música da man de Xosé Lois Romero & Aliboria, tanto no concerto co que se lle porán música a esta cita tradicional do outono, como no obradoiro de percusión con tarrañolas, que impartirá o mesmo músico.

Xosé Lois Romero & Aliboria usarán bombos, pandeiros, pandeiras, tixolas, tarrañolas, cunchas, pandeiretas, latas, tambores e sachos para facer música, aos que sumarán cantos e aturuxos. 

As entradas serán 5 euros (anticipada) ou 5 euros (mesmo día na billeteira)
 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Vieira de Cambados
18 de xullo a 22 de xullo
Cambados
Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas
18 de xullo a 22 de xullo
Bouzas
Festa da Dorna de Ribeira
18 de xullo a 24 de xullo
Ribeira
Festividade do Apóstolo Santiago
18 de xullo a 31 de xullo
Santiago de Compostela