Evento: Descobre o mundo do cubo máximo
Descobre o mundo do cubo máximo
Se se quere coñecer o fascinante mundo dos cubos de rubik, ou se xa se é un apaixonado do mesmo, gozarase coa visión particular de Raymon, especialista en facer maxia con cubos de Rubik, conseguindo sorprender ao público con efectos moi novos e orixinais. Os cubos ordénanse maxicamente e obedecen as súas ordes, creando un dos efectos máis sorprendentes dos últimos anos.
Raymon Martinez naceu en Madrid en 1994. Os seus pais son magos e propietarios da sala de maxia La Cripta Mágica fundada en 1987, polo que puido vivir a maxia desde moi pequeno. Comezou a dedicarse a ela profesionalmente no 2014, cando entrou a formar parte do Círculo Mágico de Madrid.
Para todos os públicos. Entrada libre
Sábado 20 de outubro, ás 12 horas, Salón de actos