Evento: Paseos pola Coruña literaria

Paseos pola Coruña literaria
sábado, 20 outubro, 2018 - 12:00
Centro Ágora,
A Coruña

Paseos pola Coruña literaria

Descubrindo a cidade grazas á literatura

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración co Concello da Coruña, organiza entre setembro e outubro varios roteiros literarios, os Paseos pola Coruña Literaria, que permiten coñecer a cidade da man de diferentes autoras e autores. 

Están dirixidos a maiores de 16 anos e son gratuítos para as persoas interesadas (hai un límite de 55 prazas por paseo). É preciso facer inscrición previa.

Programa

Sábado 8 de setembro (a partir das 12:00 h): paseo con Antonio Tizón, Un home estraño. Un percorrido literario, político e musical pola Coruña de 1980.
Sábado 22 de setembro (a partir das 12:00 h): paseo con Diana Varela, Mulleres donas do seu soldo. Será unha viaxe que entretece literatura e dereito a través de nomes propios e oficios enraizados na cidade.
Sábado 6 de outubro (a partir das 12:00 h): paseo con Olga Patiño, A Cidade Vella. Unha visita á antiga Coruña da man da literatura. 
Sábado 20 de outubro (a partir das 12:00 h): paseo con Antía Yáñez, arredor de Senlleiras. Un percorrido pola Coruña dos anos 30 e as súas singularidades.