Evento: Martiña Soñadora

Martiña Soñadora
domingo, 28 outubro, 2018 - 12:00
Auditorio Municipal de Ourense,
Ourense
Concerto de música infantil de Sabela King e Carlos Gil

Martiña soñadora son Sabela King á voz e  ó ukelele e Carlos Gil Fandiño ó piano e voz.É unha formación recente que naceu para o desfrutede nenos e nenas dunha música composta especialmente para el@s. Con Martiña soñadora bailarán, aprenderán das músicas e disfrutarán de cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock&roll e mesmo do blues, todo amenizado de fermosas letras en galego e incluso en francés.
As composicións son todas propias e nelas armonízanse as voces da ialma do grupo que son Carlos Gil Fandiño e Sabela King, acompañados de ukelele e piano.

 

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra