Evento: Crimen y telón
Crimen y telón
Señores espectadores: quedan detidos como sospeitosos, cómplices ou testemuñas dun articidio en primeiro grao. Teñen dereito a rir, chorar, emocionarse, seguir o ritmo das cancións e non desvelar a ninguén o final de Crimen y telón.
O Teatro morreu e o detective Noir ten que descubrir ao asasino antes que a Axencia Anti Arte desvele o segredo do seu escuro pasado. Para iso percorrerá a historia do Teatro en busca de verdades ocultas mentres unha rede de misteriosos personaxes conspiran na sombra.
Unha homenaxe ao teatro universal con forma de thriller de xénero negro, ambientado nun próximo futuro en que as artes están prohibidas e o noso planeta, convertido en Cidade Terra, é liderado por unha intelixencia artificial cun exército de drons. Unha investigación contra o reloxo en que o asasino podería ser calquera. Mesmo vostedes, señores espectadores.
Elenco artístico: Juan Canas, Íñigo Echevarría, Daniel Rovalher, Miguel Magdalena e Álvaro Tato.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

