Evento: Adeshoras

Adeshoras
domingo, 25 novembro, 2018 - 12:00
Sala azul do Auditorio de Ourense,
Ourense
Espectáculo infantil a cargo da compañía Berrobambán

Nalgún lugar, lonxe de todo, ao caer a noite, unha muller le un libro que parece conter as historias do mundo enteiro. A música acompáñaa na soidade. Soan badaladas. Anuncian un baile?
Un lobo ouvea. Está a porta pechada con chave? Leva tantos anos ás costas, esa muller, que xa non lembra quen é. Precisamente por iso pode xogar a ser quen ela queira.

A protagonista do seu conto. A do zapato de cristal, a da caixa de mistos, a da mazá envelenada, a do camiño de migallas de pan, a da casiña de chocolate... Quen chama a deshoras? Terá fame?
Ás veces, descubrimos nas historias dos outros quen realmente somos. E iso é o que lle acontece á Señora desta peza de teatro xestual, esta pobre clown desmemoriada. Amodo, xogando,
recupera o fío que a leva a recoñecerse no espello, grazas a quen a visita por sorpresa, a deshoras, rompendo as súas rutinas, facendo que se sinta nena, unha nena perdida que por fin se atopa. 

Elenco artístico: Nuria Sanz e Chiqui Pereira

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O grande incendio
19 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
O grande incendio
20 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
As pitas baixo a choiva
21 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Os Ourizos, o musical
28 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra