Evento: A internacionalización do libro galego

A internacionalización do libro galego
mércores, 26 setembro, 2018 - 10:00
Consello da Cultura Galega,
Santiago de Compostela

A internacionalización do libro galego

Literatura galega e novos mercados

En colaboración coa Asociación Galega de Editoras, o Consello da Cultura Galega organiza a xornada A internacionalización do libro galego. As xornadas están dirixidas ás empresas editoras que desexen iniciar ou afondar no proceso de proxección exterior e de comercialización.

O obxectivo do encontro é duplo: por unha banda, adquirir información sobre as oportunidades de negocio no exterior a través das principais feiras internacionais e das experiencias de éxito dos gremios e editoras; por outra, establecer contactos con destacados representantes das feiras internacionais do libro coa finalidade de iniciar o proceso de internacionalización.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
'Made in Galiza' de Séchu Sende
10 de maio
Auditorio Casa da Cultura
'Made in Galiza' de Séchu Sende
19 de maio
Auditorio Centro Social do Mar