Evento: Camiño ao Gaiás 2018

Camiño ao Gaiás 2018
xoves, 5 xullo, 2018 a xoves, 13 setembro, 2018
Cidade da Cultura de Galicia,
Santiago de Compostela

Camiño ao Gaiás 2018

Todos os xoves do verán

Unha nova forma de descubrir o Gaiás e a propia cidade de Santiago de Compostela: Camiño ao Gaiás ofrece novas rutas para chegar a pé ao complexo deseñado por Peter Eisenman, poñendo en valor a fermosa contorna natural e patrimonial que leva ata a Cidade da Cultura, permitindo descubrir algunhas das xoias arquitectónicas de Compostela, xa que se parte do centro histórico.

Pode inscribirse calquera persoa que o desexe, aínda que a actividade non está recomendada para menores de 10 anos. Os menores de idade deberán ir acompañados dun titor/a que igualmente debe inscribirse para realizar a actividade.

As sesións son cada xoves.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visita guiada ao museo e visita á salgadura de Mourisca
Visita guiada ao Museo e á Salgadura de Mourisca
6 de xullo a 27 de xullo
Museo Massó